Condicións sobre a protección de datos persoais
Condicións sobre a protección de datos persoais.
Os datos persoais recollidos neste formulario serán tratados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na súa condición de responsable, coa finalidade de xestionar o seu acceso ao servizo de préstamo dixital en galego para persoas residentes fóra de Galicia, GaliciaLe+.
A base lexitimadora do tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada no disposto na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.
Estes datos conservaranse con carácter xeral mentres a persoa interesada non solicite a baixa do servizo.
Informámoslle así mesmo que poderán ter acceso aos datos persoais as entidades titulares das bibliotecas integradas na referida Rede de Bibliotecas de Galicia, como colaboradoras na prestación dos servizos.
As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición e supresión dos seus datos, así como outros dereitos través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.
Contacto co delegado/a de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.