Condicións sobre a protección de datos persoais
Os datos persoais recollidos neste formulario, incluída a fotografía achegada para a súa identificación presencial, serán tratados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, na súa condición de responsable, coa finalidade de xestionar o seu acceso aos servizos bibliotecarios a través da Rede de Bibliotecas de Galicia e remitirlle información respecto destes.
A base lexitimadora do tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada no disposto na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.
No caso de envío de información sobre servizos e actividades da biblioteca, a base lexitimadora é o consentimento da persoa interesada.
Informámoslle así mesmo que poderán ter acceso aos datos persoais as entidades titulares das bibliotecas integradas na referida Rede de Bibliotecas de Galicia, como colaboradoras na prestación dos servizos.
As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán exercitar estes dereitos ou retirar o consentimento outorgado para o envío de información sobre servizos e actividades dirixíndose á súa biblioteca.
Contacto co delegado/a de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.