Sistema de bibliotecas de Galicia

Solicitude de carné da Rede de Bibliotecas de Galicia

Desde esta sección, vostede pode obter un carné de biblioteca para calquera das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (*).

Vías para solicitar o carné

Telemática

Telemática

Dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. No caso de menores de idade, é a persoa representante quen debe reunir estes requisitos.

Presencial

Presencial

Dispoñible para todas as persoas e entidades. Pode solicitarse directamente na biblioteca da súa elección ou ben iniciar o rexistro nesta páxina, o que facilitará e axilizará o proceso unha vez que acuda á biblioteca para finalizar o trámite.

Prestacións

O carné é único e válido para todas as bibliotecas da Rede (*). As persoas titulares dun carné poderán:

  • Obter libros e outros materiais en préstamo en calquera das bibliotecas públicas da Rede.
  • Acceder ao servizo de préstamo dixital da plataforma GaliciaLe (agás no caso de carné de entidade, que non dá acceso a este servizo).
  • Realizar distintas accións a través da súa conta persoal.

Formatos

  • Dixital: sexa cal sexa a modalidade elixida para solicitar o carné, obterá un carné dixital que estará dispoñible na súa conta persoal da app da Rede de Bibliotecas de Galicia que poderá empregar a través do móbil.
  • Tarxeta física (opcional): se así o desexa, poderá solicitar unha tarxeta física na súa biblioteca, para o cal se lle pedirá que achegue unha fotografía, co fin de verificar a identidade da persoa titular cando acceda a determinados servizos. Se prefire non achegar unha fotografía, poderá requirírselle que se identifique mediante o DNI ou documento equivalente (carné de conducir ou o pasaporte).

Conta persoal

As persoas titulares dun carné de biblioteca disporán dunha conta persoal á que se accede desde a web do Catálogo único da Rede.

Unha vez identificadas co seu usuario e contrasinal, poderán:

  • Modificar os seus datos.
  • Consultar o seu historial.
  • Realizar distintas accións como reserva de documentos, renovación de préstamos, envío de comentarios e suxestións de compra e outras.

Ademais, con este mesmo usuario e contrasinal, poderán acceder ao servizo de préstamo dixital na plataforma GaliciaLe.

Modificación de datos

Unha vez estean en posesión do carné, as persoas titulares dun carné de biblioteca poden solicitar a actualización dos datos que facilitaron a través de dúas vías:

  • Desde a súa conta persoal na web do Catálogo único da Rede.
  • Acudindo a calquera das bibliotecas públicas da Rede (*).

Baixa do carné

As persoas titulares dun carné de biblioteca poden solicitar a baixa:

  • Desde a súa conta persoal na app da Rede de Bibliotecas de Galicia.
  • Desde a súa conta persoal na web do Catálogo único da Rede.
  • Acudindo a calquera das bibliotecas públicas da Rede (*).

(*) Pode consultar aquí as bibliotecas públicas que dispoñen de carné da Rede. Existen algunhas bibliotecas que, malia estaren integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, dispoñen dun carné propio, polo que se non atopa a súa no listado deberá dirixirse a ela para solicitalo. As persoas titulares de carné destas bibliotecas teñen acceso igualmente ao servizo de préstamo dixital de GaliciaLe.